«Un dos meus obxectivos é ter á xente informada; é o seu dereito»

La Voz

A MARIÑA

21 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

La toma de posesión: «Non estou inquieto. Levo 14 anos en política, militando nun partido político e púxenme á súa disposición. Ata que o deixara, sempre tiven claro que a política ía ser algo circunstancial, que non me representaría nada deixala chegado o día. Para min é unha etapa». El paso de delegado municipal a alcalde: «Como alcalde adquires responsabilidades, eres o centro de tódalas miradas, tamén das críticas, para ben ou para mal, pero tamén te vas a atopar con cuestións gratificantes. É distinto que ser concelleiro. A veces coa figura dos concelleiros pasa que non se sabe apreciar o labor. Considero que esto é traballar en equipo e cada un nas súas competencias. Fun educado na cultura da participación dende pequeno. Teño experiencia de traballar en equipo, no colexio, no Concello. Manuel Mon traballaba moito así. Creo que un concelleiro ten que ter autonomía completa». Con la oposición: «Mañá (por hoy) vou ter unha reunión co grupo político e a ser posible cos grupos da oposición incluso. Creo que ata agora, pese a que puido haber tiranteces, a relación de Manuel Mon con eles era boa. Me gustaría que entendesen o traballo que fixen como concelleiro, no que tiven que contestarlles moitas veces(...) Pretenderei que as relacións sexan o máis cordiais posibles, una continuidade do que fixo Mon, partindo de que hai un programa de goberno a cumprir». Actuaciones inminentes: «Hai dous temas importantes: o acceso ao porto e a auga. Básicos. O acceso ao porto é unha cuestión inmediata. Queremos que se desbloquee. Podería ser en cuestións de semanas. Co da auga, queda a zona do consorcio: os embalses de Rúa e Río Covo, o depósito da Senra. Hai que axilizalo o máximo posible. Entendemos que Barreiro (conselleiro de Medio Ambiente) ten moitísimo interese. De forma inmediata me reunirei con Insua, alcalde de Cervo». El futuro polígono industrial: «Haberá noticias dentro de pouco. Co que hai agora, que máis non pode haber, reuniremos ao sector empresarial para ver que se fai. É difícil facer un polígono industrial en Burela». El plan urbanístico municipal: «Hai que seguir os pasos e intentar axilizar ao máximo posible. É evidente. Quedei de reunirme con Mon, a empresa Ciisa, para ver como está a situación actual. Está parado. Con tantas modificacións legais non sabes adonde podes chegar e traballar sobre algo». Concejalías que mantiene y deja: «É probable que siga coa de Medio Ambiente. Coas de Facenda e Economía e Protección Civil é probable que non». La dedicación exlusiva: «Se poido empezar o día 1, mellor, pero non teño présa. Será cando teña listo o do colexio e o organigrama municipal pechado». Objetivos: «Dos primeiros, ter á xente informada; é o seu dereito (...) Outro tema importantísimo é a relación cos cidadáns. Alcalde con dedicación exclusiva significa que ten que atender aos cidadáns. A xente sabe que ten alguén a quen se pode dirixir e demandar». El apoyo de su antecesor: «Díxome: 'Eu non puiden adicarme á alcaldía como quixera; ti podes facelo, facelo ben e faino'. A nivel político e personal para min el é un referente, anque eu non son Manuel. Nin Manuel eu». Una ojeada a las elecciones locales: «Non me importaría non presentarme nas municipais».