QUEN VEÑO SENDO «Quero un Viveiro no que os mozos podan acceder a unha vivenda a prezos razoables»

La Voz

A MARIÑA

24 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?hámome Bernardo Fraga Galdo, teño 23 anos, nacín, medrei e vivín sempre en Celeiro, agás cinco anos que estiven na Coruña estudando. Actualmente traballo de arquitecto técnico nunha empresa de Viveiro, e continuo a miña formación na escola de idiomas estudando inglés e cursando un máster en prevención de riscos laborais a distancia. Dende sempre practiquei deporte, fun remeiro no desaparecido Clube de Remo Celeiro (o cal sería moi interesante recuperar). Agora practico natación na piscina municipal e, en ocasións, o fútbol. Comecei en política hai catro anos nas mocidades do Bloque, Galiza Nova, onde continúo como responsábel local. Son secretario da asociación xuvenil Colectivo Chilindrín. ?reséntome a estas eleccións porque considero que en Viveiro queda moito por facer, xa se deron pequenos pasos dende o goberno bipartito actual, pero compre seguir traballando para convertir a Viveiro nun concello moderno e dinámico, no que a mocidade poda acceder a unha vivenda, traballando pola construcción de vivendas sociais a prezos razoables, loitando por rematar coa precariedade laboral no noso concello, impulsando a creación de emprego de calidade e rematando coas desigualdades sociais. Conseguindo un crecemento ordenado e non un urbanismo destructor como o que se viña facendo ata agora.