A Festa da Cultura reúne á xeración de poetas dos 80 hoxe nun recital

M. A. S. VIVEIRO/LA VOZ.

A MARIÑA

25 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Asociacións culturais da Mariña e da Terra Chá organizan esta fin de semana a Festa da Cultura. Ten lugar en Riotorto. Os actos comezaron onte cunha homenaxe a Mini e Mero, na que participaron artistas como Susana Seivane, A Quenlla, Ugía Pedreira ou Marica Campo. Tamén se presentou o proxecto, «Unha casa museo para Manuel María». Ademáis, abríronse varias exposicións sobre destrución da paisaxe, de novos artistas da Mariña, e sobre o castro da Atalaia, en Cervo, ameazado por unha urbanización. Hoxe a segunda xornada da Festa da Cultura ten un programa moi completo, no que destaca o recital de poetas da xeración dos 80; estarán Xosé María Álvarez Cáccamo, Cesáreo Sánchez Iglesias (actual presidente da AELG), Xulio López Valcarcel, Luísa Castro, Manuel Forcadela, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán Vello e Xavier Rodríguez Baixeras. O recital será ás 22 horas e con el finalizará a xornada, que continuará mañán, último día, coa feira do libro e espectáculos para os máis pequenos.