A de hoxe, sábado, é unha xornada moi completa na Festa da Cultura. Comezará cun roteiro e tamén cun ciclo de documentais sobre Carvalho Calero e Uxío Novoneyra entre outras. Pola tarde ás 16 horas inaugurarase a Feira do Libro e do Disco Galegos. Na feira haberá varias presentacións a cargo de Xosé Chao Rego, Bernardo García Cendán e Marcos Maceira ás 17 horas; Pilar García Negro presentará ás 18 horas, «Rosalía, o clamor da rebeldía»; Ugía Pedreira e Raquel Miragaia presentarán ás 19 horas, «Noente paradise». Xa ás 20 horas continuará un debate sobre o galego, co lema «A galegofobia», no que participarán Emilio González, psiquiatra; Xoán Carlos Garrido, filósofo, e María do Carmo García Negro, economista. Ademáis continuarán abertas ao público as exposicións sobre A Mariña: «Olladas de mulleres», de mulleres fotógrafas da Mariña; «A destrución da paisaxe», e «O castro da Atalaia». A Mariña está moi presente e con protagonismo na Festa da Cultura.