Uxía Pedreira e Marica Campo súmanse á homenaxe a Mini e Mero

La Voz

A MARIÑA

25 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A artista focense Uxía Pedreira sumouse onte á homenaxe a Mini e Mero xunto con outros artistas galegos como Susana Seivane, Xavier Díaz, A Quenlla, Os Tres Trebóns ou mesmo a poeta Marica Campo, tamén vencellada á Mariña. Ademáis, hoxe a cantante focense Uxía Pedreira presentará ás 19 horas, «Noente paradise», e acaba de sacar un novo disco, «Manual de sedución», co seu grupo Marful, que presentaron no teatro Colón da Coruña esta semana con gran éxito.