A irmá Antonia Martínez Rivera envioulles unha carta de agradecemento aos alumnos, aos pais e aos mestres do colexio do Pilar de Foz pola colaboración brindada. Na misiva refírese aos proxectos que a congregación das irmás franciscanas está levando a cabo en Mozambique: un internado de 45 mozas de familias pobres, onde estudian e aprenden informática e labores; outro de dez rapazas, en Nampula; un comedor de nenos da rúa, onde reparten entre 100 e 200 racións diarias, de luns a venres; nove escolas en poblados; colaboración no funcionamento do Hospital de Muchelia (están construindo outro en Namitatar); ou unha farmacia gratuita para persoas sen recursos (a maioría, nais con bebés). Unha vez á semana visitan o cárcere e proporcionan comida e menciñas aos internos. Tamén traballan na formación da muller e desenrolan un programa de apadrinamentos, con casi 300 nenos e nenas.