Rivera: «A viaxe dos nosos maiores a Ourense foi emotiva»

C.F. FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Foz e Ourense obsequiáronse cun mural de Rente ao mar e a figura dun afiador

10 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Trescentos xubilados e pensionistas focenses desprazáronse o domingo a Ourense nunha viaxe organizada polo Concello de Foz. Ademáis do rexedor, José María García Rivera, tamén acudiron os edís Pedro Fernández Marful e Rosa Alonso, ademais de Sixto Legaspi, persoal municipal e de Protección Civil.

-¿Cando comezou o Concello a organizar estas viaxes?a

-A primeira foi no ano 1989, foi a Alúmina-Aluminio sendo eu concelleiro de Turismo. Era alcalde Martín Beltrán. A segunda viaxe foi á Coruña e tiveramos ocasión de reunirnos con Francisco Vázquez e con Salvador Fernández Moreda.

-¿Como naceu a idea de organizar esta actividade?

-Queríamos dedicarlle un día aos nosos maiores e eles estaban moi interesados en celebralo fóra de Foz. Así que un ano organizamos unha viaxe por territorio galego e outro, por Asturias. Estamos satisfeitos con estas viaxes porque para moitos deles é a ocasión para verse. Algúns din que se ven de ano en ano.

-¿Que visitaron en Ourense?

-Fomos recibidos polo teniente de alcalde e edil de Facenda, e despois visitamos o casco vello, as Burgas.. e despois, fumos de comida e ... moito baile. A viaxe dos nosos maiores foi moi emotiva, sobre todo para Rosa Alonso, que se despide do seu cargo. Foi unha viaxe moi emotiva para todos nós.