Aspira a seguir ao frente do Concello un quinto mandato e quere lograr o pleno emprego coa cooperativa agraria
12 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Dezaséis anos na alcaldía converten ao socialista José María García Rivera no rexedor que durante máis tempo gobernou de forma ininterrumpida o Concello de Foz.
-¿Como se enfrenta a un posible quinto mandato?
-Con moita ilusión e moitas gañas de rematar os proxectos iniciados, de concluir os servizos básicos, cunha residencia de maiores e co pacto polo campo...
-¿Por que plantean agora crear unha cooperativa agraria?
-Porque vemos que o principal problema é o do traballo. E este Concello, que soubo encarar moi ben o problema do desemprego, foi capaz de facer os seus plans de emprego e o paro representa agora no concello o 10,1%, dez puntos por debaixo da media estatal e galega. Nós queremos ir ao pleno emprego, e para iso, a cooperativa agraria vai a conseguir que Foz sexa un concello con paro cero.
-¿Que lle ofrece o PSOE a Foz?
-Ilusión e realidades. Nunca propoñemos nada irrealizable. Sempre imos facer cousas que redunden no interese xeral dos cidadáns, e os cidadáns confían no seu alcalde, saben que é unha persoa que os leva por lugar seguro, e que todo o que promete, se cumpre. Están moi seguros co alcalde que teñen e van confiar de novo nel. O Concello está nunha senda estable a pesar dos vaivenes da crise. Nós fomos capaces de encarala e de combatila.
-Destes 16 anos ¿de que proxecto se sinte máis orgulloso?
-Sempre estou moi a gusto cos que falan de sanidade, educación e de protección social. Construimos un novo centro sanitario e dotouse de máis servizos médicos. Cando un constrúe unha nova gardería infantil é moi bonito. Estou satisfeito da construción do centro social para os maiores. Vou combatir á dereita, que ven cos copagos e con historias raras, a favor dos servizos públicos.
-¿E de cal se lamenta?
-Que o PP non crea en Foz. O primeiro que ten que facer o PP é darlle a Foz o que merece. Agora veñen ahí cunhas fantasías dun porto ¡quen lle dera a Puerto Banús ter ese porto! Foron incapaces de dragar cen metros e veñen agora con iso. ¡Que traballen para crear a residencia para maiores!
José maría garcía rivera candidato do psoe en foz
A favor
En contra
A favor
A favor
A favor
A favor, pero máis a favor das renovables
En contra de todas as drogas
En contra
Autorizada polo Congreso
A favor, sempre que se desenvolvan con control
O bocarte
Tomate
Rioja
Cubata de Larios
Os percebes e a merluza á plancha
Un BMW
Café con leite, e algúns días, con zumo de pomelo con limón e dúas noces
Na casa, preferentemente
C.D. Foz
José María García Rivera
«Á sombra dun castiñeiro»
«Doctor Zhivago»
O doctor Barnard
John Wayne
Jacqueline Bisset
Roberto Carlos
A música moderna
Pasapalabra
Teño moi bo recordo das viaxes a Argentina e a Cuba, por esta orde