«O novo alcalde ten que ter claro que o único que ten que saír gañando é Foz»

La Voz

A MARIÑA

10 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O socialista José María García Rivera cederá mañá o bastón de mando do Concello de Foz ao popular Javier Jorge Castiñeira, de 36 anos, que chega á alcaldía case coa mesma idade coa que García desembarcou nela.

-¿Que consello lle dá ao novo alcalde?

-Que se preste á tarefa, que traballe e mire polos nosos cidadáns. Aparte disto, o novo alcalde ten que ter claro que o único que ten que saír gañando é Foz e non os nosos políticos.

-¿Que vai botar de menos?

-Aos compañeiros e ás compañeiras que estiveron comigo nos gobernos porque nos veremos menos, aos traballadoras do Concello, a toda a xente que me axudou, a todos os veciños e veciñas... a todo o mundo. Son moitos anos traballando codo con codo, por iso tamén quero pedir desculpas por si fixen algo mal; foi sen maldade. Dos 16 anos que gobernei, só eu tiven durante 14 anos dedicación exclusiva. Tiven dous anos de empregado de Alcoa atendendo igual o Concello sin cobrar porque eran épocas difíciles. Nunca tiven ningún concelleiro liberado, nunca, nin con maioría absoluta. Agardo que eses que negaron as dedicacións antes agora non cambien de postura.

-E agora, ¿a que se dedicará Rivera?

-Quero seguir na política, na agrupación local ou onde me toque. Pero é obvio que teño que pedir o ingreso na miña empresa, Alcoa, porque é onde teño o meu traballo. Está previsto que o próximo día 20 me incorpore, e logo, pois Deus dirá. Agardo que se conte comigo. Teño disponibilidade total, pero hai que agardar a ver cómo se estrutura todo isto. Estamos nun proceso de cambios a nivel nacional, logo virán as eleccións xerais e... xa iremos vendo.