O taller de automoción fai unha campaña de descontos aos clientes entre o 25 e o 30% «porque a crise pega forte»
17 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Autolar, en Viveiro, cumpriu 25 anos no 2011, no medio dunha crise xeral e que tamén toca moi fondo no sector da automoción. O seu encargado, Roberto Yáñez (Viveiro, 1962), leva uns 20 anos traballando neste centro axente das marcas Alfa Rometo e Fiat e taller post-venta de Lancia. Ten unha minusvalía recoñecida, exemplo da integración social que fai efectiva Autolar.
-Con motivo do 25 aniversario, podían ter sorteado un coche.
-A realidade é que a xente non vén preguntar por eles casi.
-¿Non se venden os novos?
-A cousa está bastante mal, non hai movemento. O que máis se vende son coches de segunda man, de 1.300, 1.200 ou 1.000 euros, quizais un par ao mes. Os coches novos están caros. A pesar da baixada que se di que tiveron, facer unha inversión nun coche é caro. O máis asequible en novo que podemos ofertar sería de 7.000 euros e pequeno.
-¿Como se buscan a vida no medio desta acusada crise?
-Como a baixada é xeneralizada nos talleres, incluso a nivel de reparacións, para axudar ao cliente e ao mesmo tempo para que siga traendo coches ao taller abrimos esta campaña. Facemos descontos de ata o 30% en aceites, ata un 25% en filtros e ata 20% en pastillas de freno.Hai xente que está a esperar que se gasten máis as pastillas de freno ou non fai certas reparacións para non meterse no gasto. Outros piden montar pezas de desguace incluso, pero hai algunhas que veñen deterioradas.
-Ou hai xente que xa lle cambia ela o aceite ao coche, na casa...
-Dende hai tempo, incluso hai xente que está a facer reparacións, sen licencia e autorización. É unha competencia desleal pura e dura. Pero dende logo conleva que ao non ter os útiles debidos haberá casos en que os coches queden mal reparados.
-Así se arrisca en seguridade.
-O tema das rodas. Está sancionado por Tráfico. Ata 125 euros por roda te poden sancionar. Hai xente que ven coas rodas moi gastadas e che di, vou esperar un pouco máis. Cando caen catro gotas na carreteira, para esa roda é como unha pista de xeo. Según lin na Voz de Galicia, provoca moitos accidentes. A crise está pegando con moita forza. Tamén a nivel de financiación, as entidades bancarias non dan facilitdades. Nós traballamos cunha financiera privada.
roberto yáñez frieiro ENCARGADO DE AUTOLAR EN VIVEIRO