Que a esperanza de máis cota de pesca sexa unha realidade

MERCEDES RODRÍGUEZ MOREDA, XERENTE DA ORGANIZACIÓN DE PRODUTORES PESQUEIROS DE LUGO XERENTE DA ORGANIZACIÓN DE PRODUTORES PESQUEIROS DE LUGO

A MARIÑA

Hoxe, despois dunhas semanas moi complicadas parece que nos queren dar unha boa noticia. Por fin dende a Comisión Europea recoñecen o que dende fai tempo os nosos armadores levan dicindo: a situación da merluza do Gran Sol é tal, que as cotas asignadas son insuficientes para a realidade da pesquería. E fano propoñendo por primeira vez dende o establecemento de TAC un incremento importante (superior ao 25 por 100) da PESCADA NORTE (a que se pesca no Gran Sol e en augas de Francia).

A OPP xa o pedira

Agora o que falta é que se aprobe canto antes de forma definitiva de forma que non sexa so unha esperanza senón unha realidade. Xa no mes de xuño, dende a Organización de Productores Pesqueros de Lugo solicitouse formalmente á Secretaría General de Pesca en Madrid, e non nos consta que daquela ninguén o fixese, este incremento de cota. De feito a petición que fixo o Ministro Arias Cañete no Consello de Ministros de Xuño foi unha consecuencia, queremos pensar, desta petición.

Revisar as autorizacións

Agora queremos que se leve a cabo, ao tempo que tamén entendemos necesario que por parte das autoridades de Pesca se revisen as autorizacións de pesca, de xeito que podan saír a pescar todos aqueles que aínda teñen cotas de pesca aínda que podan estar sobrepasados en algunha cota ou zona.

Consideramos que isto é fundamental para que os nosos barcos de A Mariña, da costa de Lugo, podan saír a facer o que saben: pescar e levar riqueza á zona nuns momentos tan difíciles.

Agora falta que se aprobe, que non sexa unha esperanza senón unha realidade