
«Pagarémolos todos con suba de impostos», señala Ana Ermida, del BNG
27 ene 2015 . Actualizado a las 02:00 h.BNG y PSOE rechazaron en el pleno del pasado lunes los presupuestos municipales de Barreiros coincidiendo en criticar la elevada deuda municipal. «É moi grave e moi preocupante que un Concello como Barreiros cos habitantes que ten, vaia a unha débeda de 5 millóns de euros; é gravísimo e di moito da pésima xestión municipal», señalaba Ana Ermida, portavoz del BNG en Barreiros y portavoz de la formación nacionalista en A Mariña. «Esa débeda -añadía Ana Ermida- pagarémola todos coa suba de impostos, pois a recadación por impostos e taxas municipais subirá un 20% con respecto ao 2014, e a cambio de qué? De nada, pois a débeda condena aos veciños e veciñas de Barreiros a non recibir ningún servizo novo nin investimento este ano». «Esta suba de impostos correspóndese cunha suba dun 10% en gastos de persoal, que supón practicamente a metade do orzamento deste ano, unha práctica xa habitual en Barreiros en ano electoral», manifiesta Ana Ermida. «O que reflexan os orzamentos aprobados onte polo PP é unha situación de emerxencia na que o concello recada cartos dos veciños e veciñas para pagar a débeda e manter aberto o concello, nada máis: persoal e gasto diario, non hai outra cousa. Non hai investimentos importantes para o futuro, non hai oferta de novos servizos e non existe ningunha partida coa que se intente garantir a calidade de vida da xente», manifiestan desde el BNG. «Son uns presupostos insolidarios; destinan 6.000 euros a gastos protocolarios, 8.000 a dietas do equipo de goberno, 40.000 euros para asistencia xurídica e nin un só euro, nin un, para atender as situacións de necesidade social pola que están pasando tantas familias de Barreiros; dende logo cremos que son uns presupostos nefastos para a xente, na que non se pensa, só no persoal e en afrontar os números vermellos; é o que temos», concluye Ana Ermida. Desde el Partido Socialista de Barreiros, su portavoz, Benito Longarela insiste en la elevada deuda municipal y critica los presupuestos «pois teñen unha gran carga fiscal, contan recadar 300.000 euros vía impostos máis ca o ano pasado; pola contra prevén invertir 8.000 euros en saneamento, xa me dirán que gran obra van facer con eses 8.000 euros», indicaba. Para el PSOE «o sur de Barreiros está marxinado, non ten un só euro para saneamento, nin para beirarrúas, nada, 0 euros neste presuposto para a zona sur do concello». Critica también Longarela la subida del IBI «para que ao final se nos presente un superávit de 174.000 euros, que poderían destinarse á zona sur tendo en conta as condicións na que se atopan o saneamento desa zona, o abastecemento de auga, o alumeado público, viales, etcétera».