O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, recordou que desde o organismo provincial destinan máis dun millón de euros a axudas deportivas e culturais, a través das áreas que el dirixe, Deporte e Cultura.
Antonio Veiga fai esas declaracións ao tempo que lembra que o 7 de marzo remata a convocatoria das axudas para actividades e eventos culturais, e que o 9 de marzo finaliza o prazo para solicitar as axudas ao deporte.
Tamén sinalou Antonio Veiga que a finais do mes no que estamos acaba o prazo para anotarse no programa «Musiqueando pola provincia de Lugo», unha iniciativa á que destinan 85.000 euros. Aberta e pensada para asociacións e comisións de festas, as que se inscriban poderán solicitar un grupo de música tradicional, unha banda ou unha coral para as actividades lúdico-culturais que organicen.
En total, un millón de euros «a distribuir entre o tecido asociativo, cultural e deportivo, de toda a provincia de Lugo», manifestou. Finalmente Antonio Veiga tamén defendeu aos estudantes que se manifestaron esta semana e demanda que se defenda á universidade pública.