O torques de Burela xunto coa antiga colección de ourivería de Álvaro Gil Varela exposta no Museo Provincial de Lugo é un Ben de Interese Cultural dende o Decreto 77/2015 do 21 de maio publicado pola Xunta de Galicia no DOG do 4 de xuño de 2015.
Polo tanto, segundo a Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia está dotado dun réxime de protección específico dentro da máxima categoría asignada ao noso patrimonio cultural e ao mesmo tempo considérase dun gran valor cultural, artístico, histórico e arqueolóxico, pero tamén identitario e colectivo para todos os galegos.
O torques de Burela, recentemente estudado e publicado nun libro específico, é o símbolo do concello de Burela e, por ende, debería selo da súa festa castrexa, porque non só é unha xoia áurea castrexa, senón que se trata dun artefacto arqueolóxico que nos fala dunha ocupación protohistórica deste territorio e da existencia dunha sociedade complexa da que a cultura material conservada é testemuña directa. Aurelia Balseiro García es la directora del Museo Provincial de Lugo.