josé M. Gracçia Rivera aplaude os froitos dunha intensa campaña para implicar á cidadanía co clube
22 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Foi xogador, adestrador, vicepresidente [compaxinou este cargo varios anos coa alcaldía] e desde o pasado verán lidera a directiva do CD Foz, un clube histórico que vive un momento doce. José María García Rivera eloxia o traballo da anterior directiva e da actual e está satisfeito cos resultados dunha campaña que busca máis implicación da cidadanía co fútbol local. «Démoslle un cambio ao campo de fútbol e eu puxen a funda coma os demais», confesa o directivo que agora intenta unir os esforzos de Administracións e institucións para correxir os desniveis do terreo de xogo do estadio Martínez Otero. El confesa que lle gustan os campos nos que medra a herba.
-Entre as catro categorías do clube, ¿cantos xogadores suman?
-85. E a todos hai que vestilos, hai que calzalos... Cando falei con eles díxenlles que quería que fosen ben vestidos representando ben ao pobo. Non pode haber nen unha soa media rota.... todos impecables. Queremos facer de Foz un equipo modelo.
-¿Dá froitos a campaña para implicar á cidadanía co clube?
-Claro que dá. Mira, catro restaurantes, como A Xoíña, Dandy, O Acuario e A Quinta encargaranse da comida de Nadal dos 85 rapaces. Este ano eles, e outro ano haberá outros. E todo, de forma voluntaria. Cada equipo irá a un restaurante. O ambiente é moi bo e os resultados tamén están acompañando de momento, pero hai que ser humildes e non baixar a guardia.
-Fixéronse melloras no campo, ¿teñen previstas máis?
-Por primeira vez imos colocar 200 asientos sen respaldo. É unha necesidade porque o cemento é frío e hai xente que vai ao campo e leva madeira, alhomadillas.... E a ver se o Concello nos manda uns albaneis parra arranxar alí unhas gradas.
-Pero o estadio ten gradas novas...
-A Deputación, con Veiga, fixo unha obra estupenda. Renovou as gradas do estadio, unha obra tremenda. Deulle ao campo un aire novo.
-¿Conseguiron que o público volvera encher o campo os domingos?
-Nótase un incremento. Esta fin de semana (pola pasada), que xogou o Iberia, unhas 180 persoas estiveron no campo. A xente estase dando conta que un equipo de fútbol ten varias misións. Mentres eses 85 rapaces están facendo deporte non están pensando en cousas raras. Están nun bo ambiente, sano e defendendo as cores do pobo. E os directivos do CD Foz están traballando para eles. Eu son un máis na directiva e todo o mundo vai aportando o seu grao de area. Tamén aumentamos en número de socios e en axudas dos patrocinadores e na publicidade dos letreiros do estadio [as empresas pagan 100 euros ao ano] para o equipo. Temos lotería á venda e imos facer máis cousas a principios de ano.
-¿Canto orzamento manexa o clube?
-Entre os 80.000 e os 100.000 euros, depende. Hai que darse conta que temos gastos de compra de material, para desprazamentos e bocadillos dos xogadores, para as primiñas que se lles dan [os maiores cobran 20 euros por partido gañado]. Non me podo esquencer doutra aportación inestimable, a dos pais dos xogadores, que se fan socios e que están facendo un traballo exquisito. E despois, temos ás mulleres, que traballan moito. Levan o bar, ocúpanse do control da roupa, da administración... As mulleres da directiva do Foz destacan traballando. Temos catro na directiva e oito colaboradoras.
-Pero os directivos non cobran...
-A directiva non cobra nada, aínda pon diñeiro.... pero o importante é que a afección se volque co clube, que teña pendente de todos os equipos. O CD Foz sempre apostou moito por ter xogadores da canteira. É un equipo que deu moitas alegrías e que ten unha historia limpa.
josé maría garcía rivera presidente do club deportivo foz
«Díxenlles que quería que fosen ben vestidos representando ben ao pobo»