A Deputación non cede na súa aposta polo piragüismo de base

L.C. REDACCIÓN / LA VOZ

A MARIÑA

A Deputación de Lugo también se comprometeu a apoiar no 2016 a tradicional Travesía de Foz.
A Deputación de Lugo también se comprometeu a apoiar no 2016 a tradicional Travesía de Foz.

Antonio Veiga reuniuse en San Cibrao cos representantes da federación galega e dos clubs que participarán desde abril na sexta edición da Copa Provincial

24 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, reuniuse no Museo do Mar de San Cibrao cos representantes das entidades deportivas de piragüismo da provincia así coma da federación galega para definir as liñas mestras de colaboración de cara ó 2016. A Área de Deportes da Deputación colaborará un ano máis na organización a VI Copa Provincial de Piragüismo, proba xa consolidada no calendario e que permitiu na súa última edición de 2015 que unha media de mais de 200 padexeiros con categorías que van desde benxamíns ata veteráns puideran competir de forma regular durante a tempada na provincia de Lugo.

A VI Copa Deputación de piragüismo dará comezo en abril e estenderase ata o verán. En total celebraranse 6 probas, cada unha delas organizadas por un dos clubs participantes, e a falta de calendar as datas definitivas de cada proba, os membros participantes serán os seguintes: Club Altruán de Ribadeo, o Club Kayak de Foz, o Club de Piragüismo San Ciprián de Cervo, o Club de Piragüismo Viveiro e os clubs Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo.

Antonio Veiga resaltou durante o encuentro que «a Deputación de Lugo foi referente para que outras institucións seguiran o modelo de organización da Copa Deputación de Lugo, ata o punto que xa se realizan tamén noutras provincias modelos similares». Tamén siñou o deputado mariñao que «desde que comenzamos a colaborar na organización de este campionato, o número de padexeiros federados na provincia non parou de medrar, logrando incrementos en moitas categorías superiores a un 30% do número de licenzas, e non só medrou cualitativamente, pois hoxe temos que celebrar que tres mozos da provincia de Lugo, como son Alejandro Cuadros, sub 23 do Club Fluvial de Lugo, Julio González xuvenil do Cidade de Lugo e o mariñán Xoel García,cadete do Club Kayak de Foz, están a adestrar diariamente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra».

No 2016, a Deputación de Lugo apoiará que a provincia de Lugo celebre un ano mais a segunda e a terceira travesías mais antigas de España tralo Descenso do Sella, en Asturias. Trátase do LX Descenso do Miño que organizará o Club Fluvial de Lugo e a LIV Travesía de Foz que organizará o Club de Piragüismo Kayak de Foz. Para pechar a su intervención, Veiga explicou o seguinte: «Estas probas non só contribuen a conseguir que a cidadanía participe de forma popular en probas deportivas, senón que dado o número de deportistas inscritos, as datas e a súa tradición convértense tamén en polos de atracción turística para o concello que as alberga».