Alberto García: «Manuel Araújo inculcou o mundo da música a xente moi nova en Mondoñedo»

La Voz

A MARIÑA

O Concello prepara unha homenaxe ao músico, este sábado, con motivo do 25 aniversario do seu pasamento

09 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 12???20.00 horas???Auditorio municipal???O Concello de Mondoñedo, dentro dun ciclo de homenaxes e lembranzas a mindonienses que foron ilustres, como Manuela Rei, a través do teatro, ou próximamente a Victoriano López García, quen destacou no mundo do cine, está inmerso nos preparativos do tributo que este sábado van brindar a Manuel Araújo, cando se cumpren 25 anos da morte do músico natural do barrio de Viñas da Veiga. A delegación municipal de Cultura que leva Alberto García, afonda no programa. O vindeiro sábado haberá concerto con Silvia Campos, Arcadio Mon, Sito Sedes e José Manuel Malelo, recital poético por Belén Ramos e Mon, representación de A tasca do Cacharelo por Paco Piñeiro, lectura da súa biografía por parte de Antón Reigosa, a homenaxe municipal á súa familia e unha exposición fotográfica, por Toño da Tasca.

-¿Cal é o obxectivo desta nova homenaxe mindoniense?

-É intención deste novo goberno local facer homenaxes a persoeiros menos coñecidos da nosa cidade, pero que a súa actividade ten contribuído a facer un Mondoñedo máis grande, moitas veces en igual medida que os nosos ilustres con máis sona, como poden ser Don Álvaro Cunqueiro, Pascual Veiga ou Leiras Pulpeiro. É por iso que se puxeron en marcha outras homenaxes a xentes de distintas artes culturais como a actriz Manuela Rei, da cal durante todo este ano se celebra un ciclo de teatro, todos os últimos sábados de cada mes. Ou a Victoriano López García, mindoniense que dedicou a meirande parte da súa vida ao cine.

-¿Quen era Araújo?

-Foi unha figura polifacética e moi versatil. Naceu en Portugal pero a vida o trouxo a Mondoñedo con poucos anos. Non foi soamente músico, que inculcou a música a rapaces e rapazas do seu barrio, senón que tamén foi creador teatral e tamén actor en xéneros tan dispares como no dramático, cómico, etcétera. Dicía polifacética porque tamén foi porteiro de fútbol do daquela moi importante equipo do Luarca F.C. Tamén foi empresario, xa que tivo un bar.