![El concejal de Cultura, Eduardo Chao, en el centro, con Antonio Veiga, Juan Novás y dos colaboradores.](https://img.lavdg.com/sc/XhscJJE_XLB4ASF6ip9r1huTQ9I=/480x/2016/03/13/0012_201603XM13C5F1jpg/Foto/XM13C5F1.jpg)
El Concello presentó el programa que se celebrará el próximo sábado
13 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O Valadouro empeza a conta atrás para o seu Mercado de Primavera. O programa presentouse onte na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, nun acto ao que asistiu o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, o concelleiro e o técnico de Cultura local, Eduardo Chao e Juan Novás, ademáis de dous colaboradores.
O vindeiro sábado, día 19, centos de persoas vestidas á vella usanza, botaranse á rúa para celebrar unha xornada no que a zoca tradicional, tuneada ó gusto de quen a calza ou do zoqueiro que a fixo, se subirá á pasarela para admirar aos espectadores que seguen o evento.
A gastronomía ten tamén un espazo destacado, na Ruta de Tapeo Enxebre na que participan os locais de hostalería, animados por cantos de taberna. Este ano haberá espazo para comidas de campo e un concurso no que se elixirá o local comercial e hostaleiro máis enxebre.
E paseos en poni, taller de pesca, títeres, xogos tradicionais, pasarrúas con Amado Lar e Cé Orquestra e concerto con Festicultores Troupe e A Troba de Bugallo. Unha cita para todos.