Castiñeira pregunta a FPF qué proponen para los residentes que se queden fuera del asilo

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

El alcalde de Foz también quiere saber qué plantean para la plantilla que actualmente trabaja en el centro de mayores

11 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

El alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, manifestó ayer su sorpresa tras conocer la negativa de Foz Plataforma de Futuro (FPF) a que sea la oenegé Mensajeros de la Paz la que gestione el nuevo geriátrico.

«A proposta de FPF é inxusta, insolidaria e, desde logo, de descoñecemento absoluto por parte de Foz Plataforma de Futuro do asilo de Foz, do que é Mensajeros de la Paz e do que significa para todos nós un proxecto de continuidade, como o que propón o grupo de goberno polo menos durante estes catro anos, para facer unha transición normal», explicó el regidor, quien instó a los ediles de FPF a explicar a la ciudadanía qué pretenden hacer con todos los residentes que se queden fueran, con todas las personas de Mensajeros que se queden en el paro, «a maior parte deles veciños de Foz, e como van reconducir esta situación, simple e sinxelamente por lavarse as mans, non querer que Foz prospere e tratar de seguir poñendo cambadelas, como están facendo durante todos estes últimos días».

El primer edil focense no ocultó su sorpresa al conocer la propuesta de FPF, «pola falta de respecto coa que está tratando aos oitenta anos de asilo de Foz ao non querer que haxa unha transmisión pactada entre os residentes e os empregados de Mensajeros de la Paz en Foz (..) Estes señores apostan directamente por un sistema que claramente non fai xustiza cos traballadores que levan aí varios anos coidando aos nosos maiores en condicións bastante difíciles e non fai xustiza, desde logo, a todos estes residentes, que a día de hoxe, coa proposta de FPF, van ter que buscar outro sitio».

El regidor reveló que en una conversación el sábado con el Padre Ángel, en Mondoñedo, comprobó que Mensajeros estaba ilusionado con este proyecto de continuidad, «tratando de garantir eses postos de traballo e intentando crear algún a maiores».

FPF quere unha residencia 100 % pública

Ogrupo municipal de Foz Plataforma de Futuro mostra o seu desacordo coa decisión do actual equipo de goberno do Concello de Foz do Partido Popular de querer privatizar a xestión das novas instalacións da residencia de anciáns e centro de día.

Foz Plataforma de Futuro apostamos e cremos con firmeza que esta xestión debe ser 100 % pública, mantendo asi a posición mantida no pleno do mes de novembro, na cal FPF votamos a favor dunha moción presentada polo BNG para que a xestión desta nova residencia fose pública. Que calquera ancián dependente ou non teña dereito ó uso desas instalacións independentemente do seu factor económico.

 

Temos que facilitar en todo o posible a maneira de que moitas familias con dependentes ó seu cargo poidan conseguir unha praza pública na nosa residencia ou centro de día, para que a conciliación familiar-laboral sexa posible. Cremos que a Xunta de Galicia ou o equipo a quen pertenza ten que apostar por investir o noso diñeiro, o diñeiro de todos, nas persoas que mais o necesitan, neste caso, os nosos anciáns.

Estamos en contra de dar a xestión a mans privadas, como ultimamente está a suceder coas maneiras de facer política do Partido Popular, e en contra das dúas ofertas que nos presentou o alcalde de Foz para a súa xestión, xa que as dúas pasan porque a xestión da nova residencia e centro de día sexa priva. Asimesmo, manifestar que dende FPF defenderemos que todos os residentes que hoxe en día se atopan na actual residencia pasen ó novo centro, xestións que teñen que ser feitas polo alcalde do noso Concello. Somos conscientes que non custará o mesmo unha praza sendo xestionada de forma pública que xestionada por unha empresa privada, polo tanto esiximos igualdade independentemente do estatus económico, das persoas que queiran optar a unha praza sexa na residencia ou no centro de día.

Non estamos pola labor de ver como se usa o diñeiro público, o de todos nós, para facer unha residencia para ?ricos?, unha residencia que non poidan usar os nosos maiores con máis dificultades económicas, eses maiores que teñen unha paga mínima e que non dispoñen de medios materiais para ser atendidos en condicións. Eses maiores, que son a maioría, que loitaron e traballaron arreo para poder disfrutar hoxe en día dos seus impostos pagados ó longo dunha vida, e non todos poderán facer uso desta residencia porque está feita para aqueles poucos que dispoñan dunha paga mensual elevada. Nós non queremos ser cómplices deste ?atraco?.

Transición

Cónstanos que existen máis concellos que tiveron a mesma situación ca nós, e que a transición de mans privadas á xestión pública foi de total tranquilidade, incluíndo que os residentes conservasen a súa praza.

Polo cal non nos quedan dúbidas de defender ata o último alento que os nosos impostos sexan investidos no benestar e na calidade dos nosos anciáns sen que repercuta economicamente de novo nos seus petos.

María Peña, Luis Alfonso Sixto, Juan Riveiro, edís de Foz Plataforma de Futuro (FPF).