O emprego en Viveiro e o centro comarcal

Antonio Bouza, voceiro do PP de Viveiro FORO PÚBLICO

A MARIÑA

08 oct 2016 . Actualizado a las 10:16 h.

Fai uns días, no último pleno celebrado no concello de Viveiro, o grupo Popular presentábamos unha moción para a creación dun vivero de empresas nunha parte do edificio que no seu momento albergou o centro de desenvolvemento comarcal da Mariña Occidental. O vivero de empresas ten como finalidade contribuir a creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial, o que sin dúbida contribue a creación de riqueza e emprego. Dita moción non prosperou pola negativa do PSOE, dos ex do BNG ? agora non adscritos ou en Marea ? e Son Viveiro, os que coa disculpa de que o lugar non era axeitado pretendían modificar a nosa proposta creando unha comisión para buscar outro lugar, cando saben perfectamente que agora mesmo en Viveiro non hai ningún outro sitio que reuna as condicións necesarias, namentres que no edificio comarcal só se precisarían pequenos retoques cunha inversión mínima para por en marcha de xeito inmediato esta interesante iniciativa que o noso grupo levaba no seu programa municipal de maio 2015.

Dada a experiencia que acreditan estes señores que nos gobernan para crear comisións, levámos máis de dous anos esperando para que se cree unha comisión de seguridade vial ? tal e como se aprobou por unanimidade e a proposta nosa nun pleno de outubro de 2014 ? ou máis de tres anos para a creación dunha comisión para darlle unha rúa ó poeta Carlos Oroza, non podíamos modificar a nosa proposta inicial, dado que era e é urxente favorecer medidas que impulsen o emprego, e máxime despois de coñecer os datos do paro de setembro onde Viveiro, desgraciadamente, ocupa o 1º posto da Mariña no número de desempregados cun total de 1047 persoas que non teñen traballo.

Esperar a que estos señores constituisen a citada comisión suporía, probablemente e vistos os antecedentes, pasar todo o mandato sin abordar esta importante iniciativa que favorecería a creación de emprego.

O certo é que o grupo popular levábamos esta moción ó pleno convencidos de que todos os grupos apostarían sen dúbida por favorecer a mellor política social que hai, que non é outra que a creación de emprego. Lamentablemente non foi asi e hoxe os emprendedores de Viveiro non disponen dunha ferramenta que seguramente lles tivera sido moi útil para iniciar os seus proxectos empresariais.