17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe • 20.00 horas • Casa da Cultura • Guadi Galego é unha das referencias no panorama musical galego, lembrada por moitos polo seu paso por Berrogüetto. Hoxe a súa voz dará luz a unha xornada máis de Letras Galegas que se desenrolará en Cervo, concretamente na Casa da Cultura de San Cibrao, co Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPim de pequenos teloneiros. A edila cervense de Cultura, Dolores García, suliña dela: «Gran artista, que logra encher de maxia cada escenario ao que se sobe». En San Cibrao virá para presentar o seu último traballo, O mundo está parado. É o seu terceiro en solitario.