«O servizo de axuda no fogar é o que máis demanda ten, recíbeno unhas 80 familias»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Xabier Pardiñas, de Veciños Independentes de Alfoz, é socio de goberno dos socialistas e son os que levan á área de Benestar Social

01 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xabier Pardiñas, de Veciños Independentes de Alfoz, é socio de goberno dos socialistas e son os que levan á área de Benestar Social, entre outras, di que se fixo coincidir a festa dos xubilados co Día Internacional do Xubilado .

-¿Que servizos teñen para os maiores?

-A xente maior o que máis demanda no rural é o Servizo de Axuda no Fogar. Hay o de dependencia, que está subvencionado pola Xunta, e aparte está o do propio Concello, para a xente que non está no sistema de dependencia, que se sufraga con fondos propios e coa axuda da Deputación de Lugo. Están recibindo este servizo, unhas 80 familias, 40 nun e 40 no outro, aproximadamente. Pero aparte temos unha actividade que ten moita aceptación e empeza agora en outubro, que é un taller de memoria; é un taller de estimulación cognitiva para os maiores. Lévase facendo xa varios anos e ten moito éxito. E despois xestionamos todo tipo de iniciativas que hai doutras administracións para os maiores, como poden ser as viaxes do Imserso, programas de balnearios, etcétera, e outras actividades do Concello, como pode ser a ximnasia de mantemento.

-¿Como vai esa vivenda comunitaria?

-Sigue funcionando como tal. Por parte de VIA houbo un plantexamento de intentar que esa vivenda comunitaria, que non está dando servizo a ningún veciño de Alfoz, se convertera en centro de día, xa que é un servizo moi demandado, pois a xente de Alfoz agora mesmo ten que ir a centros de día doutros concellos. E aínda que agora mesmo a comunicación co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que é quen o xestiona, é fluida, de feito agora mesmo acabamos de conseguir implantar o comedor na escola infantil, seguimos en contacto con este tema, básicamente porque a demanda dun centro de día ó mellor non ten que ir aparellada ó peche deste centro. O digo porque encargamos un estudo para ver si as instalacións da vivenda se adaptarían a un centro de día e ó mellor si non é posible, quizais nos debemos plantexar acondicionar outras instalacións para que os nosos maiores teñan este servizo que tanto demandan, un centro de día, que tan importante é para a conciliación familiar. A vivenda comunitaria sigue tendo usuarios de fóra. Pero seguimos en contacto co Consorcio; os asuntos que tiñamos, que eran tres: a un, o do comedor da escola, xa se lle deu adiante; e o das débedas pendentes que se arrastran dende o ano 2012 e esta cuestión, que estamos negociando.

-O comedor empeza mañá ¿Non?

-Si, este luns empezará.