Moda de galega

Estíbaliz Veiga OPINIÓN

A MARIÑA

13 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

As actrices, aínda que redes e mitos así o fagan parecer, non temos sempre un «bo día». Temos grans, enrugas que ben din os anos de sorrisos vividos, ás veces quilos de máis e ás veces horas de sono de menos e os pés piden “zapas” e non taconazos, pero aínda así cando toca, toca. Sorte que estamos rodeadas de artistas galegas que se adican a iso que J. María Paz Gago (catedrático de Literatura da UDC) chama O oitavo arte no seu ensaio publicado por G. Hércules Global.

A MODA é das galegas unha das facetas máis recoñecidas. Deseñadoras, fotógrafas, maquilladoras, bloggers, instagrammers... que traballan neste sector, a IMAXE, que está emerxendo a pasos axigantados. Nestes últimos premios Mestre Mateo da Academia do Audiovisual Galego tiven a sorte de pisar a alfombra vermella vestida de amarelo por María Barros, da man da estilista Natalia Alcaide. A deseñadora galega (A Coruña, 1980) estudou moda no Instituto Europeo di Design de Milán, a súa tese diríxea Franca Sozzani, directora de Vogue Italia. Un orgullo de muller da moda galega.

Agora estou a piques de comezar un novo proxecto de presentadora de deportes vestida polas deseñadoras El moreno Beach e Mandarita (A Coruña e Ribadeo). Luz e cor para este verán (que chegará no 50 de maio, parece). Un orgullo de mulleres da moda galega.

Ó mal tempo

En Marrocos, coa blogger Cuca Olveira vou coñecer novos tecidos, proxecto no que fusionará o concepto estético das tendencias máis actuais coa pura esencia étnica de África. Un orgullo de muller da moda galega.

Afortunados en Galicia, ELAS, moitas, son a Moda. Ó mal tempo, MODA de GALEGAS e boa cara.

*Estíbaliz Veiga é actriz.