Un soño. A paixón

ESTIBALIZ VEIGA ARRIBA O PANO!

A MARIÑA

05 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

No mes de xuño tiven a fortuna de recibir clase dun dos grandes MESTRES da actuación de N.Y. grazas ó actor Mateo Franco. John Strasbeg (1941) lenda viva da historia da interpretación internacional é a vida dun soño, é o director orquestando a realidade e o «aquí e agora» efémeros da grandeza dun bo espectáculo.

Fillo de Lee Strasberg do Actors Studio ( Marlon Brandon, Paul Newman, Jane Fonda...) que traballaron o «método de accións físicas» que consiste en facer que o actor teña emocións similares durante o desempeño do papel ás

experimentadas polo personaxe ; Para iso, utilízanse exercicios que estimulan a imaxinación, a improvisación, a relaxación muscular, a resposta inmediata a unha situación inesperada, a reprodución das emocións do pasado, a

claridade da emisión verbal e a memoria dos cinco sentidos. Hoxe o Actors Studio está presidido por Al Pacino e Ellen Burstyn.

J. Strasberg ,na súa longa carreira, dirixiu montaxes de Shakespeare, Ibsen, O’Neill... Ensina o Proceso Creativo Orgánico que é distinto do Método Stanislavsky que experimentaba seu pai. Escribiu un libro sobre as súas técnicas e experiencias, «Accidentally on Purpose» : Reflexións sobre a vida, a actuación e as nove

leis naturais da creatividade.

Segundo o Mestre, a preparación do actor debe desenvolver o talento, a imaxinación, a espontaneidade e a intelixencia natural e intuitiva. O artista necesita desenvolver as súas habilidades naturais mentres aprende a percibir claramente o mundo imaxinario e involucrarse nel.

Lee Strasberg foi o autor de Un soño de paixón. John Strasberg fíxonos soñar coas paixóns.

*Estíbaliz Veiga é actriz, natural de Barreiros.