«O mellor destino estes días é Mondoñedo»

y. garcía MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A cidade episcopal recibe cos brazos abertos unha das súas citas no ano máis senlleiras: As Quendas

30 abr 2019 . Actualizado a las 11:18 h.

A Asociación As San Lucas, que preside Miguel Souto dende o ano 2012, puxo a maquinaria en marcha practicamente dende a anterior edición para que as festas primaverais de As Quendas foran estes días unha realidade, renovando a tradición e sumando innovación, como suliña o presidente da organización, coa que colabora Concello de Mondoñedo máis Mondoñedo é Poesía.

-A tradición, se falamos de festa, é sempre un valor seguro.

-Nós procuramos combinar a tradición e a innovación. Sempre. Dende logo, é un orgullo e unha satisfacción presidir unha entidade tan tradicional pero tamén é unha gran responsabilidade. Procuramos facer todas as innovacións posibles, que están moi pensadas, e ademais cunha actitude pola nosa parte poñendo coñecememento, capacidade e enerxía. E, ao mesmo tempo, que todo que teña sentido.

-A pregoeira deste ano tén moito que ver co berce musical que sempre foi e é Mondoñedo.

-En Mondoñedo estamos, por exemplo, orgullosos de Lodeiro Piñeiroa, tamén de Pascual Veiga, autor do Himno Galego xunto con Eduardo Pondal, ao que dende a asociación lle fixemos unha ofrenda. Temos pasado, presente e futuro. A elección de Rebeca Maseda, violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, foi tamén con ánimo de tender pontes entre pasado e futuro. Ela colle así máis lazos coa cidade, na que espertou a súa vocación coa música, a través da Escola Municipal.

-O mercado é outro clásico das Quendas. Que razas se verán?

-Entre outras, razas autóctonas como ovella galega, cabra galega, galiña de Mos, vaca cachena, porco celta e cabalo galego, que está sempre presente.

-Na gastronomía hai unha boa representación da carne de poldro galego, de empanadas...

-E das pulperías, outra tradiciónen Mondoñedo. A empanada é un dos productos típicos e as xornadas de carne de poldro sirven para dar saída ao gando do monte, que permite manter un ecosistema agrario.

-Cales son as expectativas para a feira de gando, que será este próximo día 1 de maio?

-Esperemos que sexa boa a afluencia. Este ano según o calendario o día grande cadra un mércores. Aínda así, o programa é moi intenso e pensamos que o mellor destino estes días e o primeiro de maio é Mondoñedo.