Falece Antonio Martínez, presidente da cabalgata de Ribadeo durante 29 anos

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Antonio Martínez, no 2016, na cabalgata de Reis
Antonio Martínez, no 2016, na cabalgata de Reis FOTO MIGUEL

As patronais foron outras das moitas actividades nas que participou, lembra o alcalde Fernando Suárez

16 may 2020 . Actualizado a las 18:48 h.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lamentaba onte o pasamento de Antonio Martínez Pérez, o que fora presidente da comisión organizadora da Cabalgata de Reis durante 29 anos.

O rexedor dixo que «enteirados do falecemento no día de hoxe queremos, desde o Concello de Ribadeo, mandarlles o pésame e unha mensaxe de agarimo a toda a súa familia. Antonio, entre outras moitas facetas da súa vida, foi unha desas persoas que ao longo de moito anos formou parte destacada dunha chea de actividades colectivas do noso pobo, como as festas de Ribadeo, e especialmente, a organización da Cabalgata de Reis, asociación da que foi durante 29 anos presidente, nin máis nin menos», apuntaba o alcalde Fernando Suárez na súa lembranza garimosa.