Actitutide infantiloide, que non de gardería

Daniel Vega PORTAVOZ DO PP DE RIBADEO

A MARIÑA

PEPA LOSADA

01 dic 2021 . Actualizado a las 14:32 h.

Moi afectado parece estar o sr. Suárez pola visita da Conselleira Fabiola García. De repente, entroulle o interese pola Escola Infantil. Por certo, non se chama gardería. Chámase Escola Infantil! Non sabe como se chama para canto máis o que necesita…

¿Recorda a última vez que vostede entrou alí? ¿Algunha vez vostede se interesou por se necesitaban algo? Como ben di vostede: a Casa do Concello atópase a uns escasos cincuenta metros. Para vostede e o seu goberno moito máis doado é chegar, que é costa abaixo.

As noticias que nos fan chegar é que nunca se interesou… non fora ser que si necesitan algo e vostede como Excmo. Alcalde se vira na obriga de ter que dirixirse á Xunta de Galicia para pedirlle o necesario para os nenos e nenas do seu pobo. Coñecéndoo… Sería moito rebaixarse! Non fixo falta, sr. Suárez. Este Grupo Municipal xa se preocupa e se interesa pola Escola Infantil e por outras moitas cousas.