Burela prepara importantes cambios en el tráfico con calles de sentido único
A MARIÑA

Afectará especialmente a las zonas de Os Castros y de Suafonte, donde también se limitará la velocidad
10 feb 2022 . Actualizado a las 14:37 h.El alcalde de Burela, Alfredo Llano, anuncia importantes cambios en el tráfico en la zona de Os Castros y en Suafonte. Habrá varias calles de sentido único de circulación, límites de velocidad para garantizar la seguridad de los viandantes y se crearán más plazas de aparcamiento.
E equipo de gobierno y técnicos municipales abordaron estas medidas, que cuando entren en vigor, se comunicarán y se señalizarán con antelación suficiente.
«Estamos pensando desde o concello en facer unha renovación do tráfico e xa estamos preparando actuacións en dous sitios concretos: un é nos Castros, ao redor do colexio Virxe do Carme, onde imos reorganizar un pouco o tráfico, máis que nada para darlle máis fluidez e seguridade, sobre todo cando se levan os nenos ao cole», explica Alfredo Llano.
Añade: «Na rúa que rodea o colexio Virxe do Carme seguirá sendo de sentido único e a novidade é que se poderá aparcar do lado dereito, non do esquerdo, como se fai agora. Será así por motivos de seguridade, para deixar os nenos e as nenas na beirarrúa que corresponde á entrada do colexio. A rúa dos Castros vai ser de sentido único tamén e conectará coa rúa de Mondoñedo e coa rúa da Veiga, quetamén serán de sentido único».
«Outra remodelación no tráfico que se está preparando é na rúa Suafonte, onde ultimamente está habendo bastantes incidentes de circulación. Tamén hai vehículos que circulan a demasiada velocidade por esa zona, o que queremos evitar. Cos informes técnicos pertinentes, vaise poñer a rúa Suafonte en sentido único, de conexión desde a Eijo Garay ata a rúa do Mariñeiro, e esta última vai ser tamén de sentido único ata a rúa Monte Castelo. Vanse crear máis prazas de aparcamento tamén», informa.
«Imos limitar a velocidade na zona dos Castros, arredor dos colexios, e na de Suafonte, onde está a sede da asociación Eu Son».