Para seguir pensando en futuro

ANTONIO CAO ALFOZ/LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

11 feb 2023 . Actualizado a las 19:07 h.

Avanzando un pouco sen querer, como en tantas outras circunstancias, cumprimos outro ano máis compartindo unha parte das nósas comúns afeccións: a gastronomía. Ese lazo invisible, pero presente na falacia flagrante que sempre acaba por xuntarnos ó redor dunha mesa con cadeiras e mantel. A mesma que hoxe nos sirve para presentarvos este programa de xuntanzas na mesma liña de anos anteriores.

Conxeturas ó marxe, o pasado 2022 supuxo unha volta á realidade, esquecida por estos dous longos anos de incertezas e virus, permitíndonos retomar tres das habituais ocupacións que xustifican parte da nósa esencia máis honesta e políticamente correcta.

A incerteza de tan nefasto periodo, desaconsellaba a realización do tradicional cocido que recuperaremos este ano na Taberna de Xerdiz, un desos marcos familiares que nos recordan os pucheiros da nósas avóas de cando eramos unhas crianzas.

O 2022 tamén veu medrar esta sociedade con dous novos socios, toda unha declaración de intencións, que seguro lle darán un pulo de puxanza e vitalidade ó grupo para afrontar os proxectos comentados e futuros. Para os dous a nósa consideración.

Para o presente ano recuperamos ese punto de equilibrio entre descubrimento e seguridade na elección dos escenarios gastronómicos seleccionados, á espera de confirmar a proposta para a xornada de degustación da caza, que se comunicará no seu intre. Comentada a novidade, as apostas seguras pasan polo Mesón Asturias, do veciño e amigo Cristobal Canoura que sempre nos trata con suma exquisitez, e o maior expoñente da cociña de hoxendía na Mariña e Occidente Astur: Casa Vicente de Castropol.

Dícia a poeta Anna Gual que aínda que todos desexamos o foco, facemos todo o posible para ser bendecidos pola sombra. Soñamos co protagonismo que algún día nos agarde, pero vivimos moi cómodos baixo o manto oculto que nos esconde da realidade tramposamente agarimosa.

Compre lembrar que estamos os directivos co mandato cumplido dende agosto, e compre sair da sombra para darnos o relevo necesario e imprescindible para seguir avanzando, aínda que sexa sen querer, e permitirnos seguir pensando en futuro. Que este saúdo non caiga en saco roto, e que no 2024, non sexamos outros protagonistas máis que tristemente xa formen parte da historia.

Antonio Cao é presidente da Asociación Gastronómica Os Cacholeiros