
Es un proyecto de Mujeres en Igualdad Viveiro, diseñado por Antonio Lage-Seara y dirigido por Mariña Gueimunde
06 mar 2023 . Actualizado a las 14:23 h.Este miércoles, 8M, relanzarán «Mulleres de Viveiro», ampliado con más nombres de mujeres que forman parte de la historia de Viveiro. Es un proyecto de Mujeres en Igualdad Viveiro. Está diseñado por Antonio Lage-Seara y coordinado por Mariña Gueimunde. Se trata de un proyecto digital, que será lanzado mañana en las plataformas, incluye una ruta a seguir y un libro en pdf. Cuenta con el apoyo de la Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta.
Lage-Seara recuerda la nómina de mujeres de Viveiro que hicieron historia: «Na ensinanza temos o caso de María Sarmiento Ribadeneira, a “latina galega”, a primeira en montar unha escola en Galicia sen sustento da igrexa, existente dende 1597 ata 1840. Tamén Margarita Pardo de Cela, que testou para facer unha Cátedra de Artes Liberais (Filosofía) no Convento de Santo Domingo activa dende 1696 ata 1835. A María de las Alas Pumariño fundadora do Convento das Concepcionistas no 1601. A Rita Lago Robles dona os seus bens para fundar en 1915 na súa casa petrucial, a escola e comedor do Colexio da Inmaculada (Cristo Rey), hoxe aínda latente. Ou Antonia Trobo Rodriguez creando un centro bastante completo na Abelleira de Galdo en 1921».
Añade: «Nas letras destaca no XIX Camelia Cociña, poetisa membra de varias academias como a malacitana, igualadina ou mont-real de Toulouse. Cantando á vida temos a Luz Pozo Garza, poeta insigne, integrante da Real Academia Galega. Nos arquivos e biblotecas a María Tobío».
«Nas Artes, a surrealista, xenial e internacional María Gómez González, Maruja Mallo. Ou Julia Minguillón de quen se sospeita está soterrada aquí, onde pasou longas estancias, quizais a nosa natureza e estampas costumistas servíronlle como fonte de inspiración. No teatro afeccionado e política galeguista, Teresa e Micaela Chao Maciñeira, caras visibles das Irmandades da Fala femininas, casadas ambas cos Vilar Ponte», señala Antonio Lage-Seara, diseñador del proyecto.
«Na ciencia destaca a primeira muller en facer o bacharelato, ademáis de ser a número un en licenciarse en Galicia, na Facultade de Farmacia, Manuela Barreiro. E como non a matrona de Celeiro, Dolores Salgueiro, a “Chitona”, que tantas almas axudou a traer».
Apunta: «Ata temos unha viaxeira peregrina a Terra Santa. Rematou sendo beata, o destapar o seu cadaleito e atopar o corpo incorrupto ó que se lle atribuíron milagres, foi Constanza de Castro y Ossorio».
«Tamén mulleres con peso económico, coma María Puentes Bujados. na sombra das grandes empresas galegas (Pescanova, Frinsa, Antibótico S.A, Zeltia, Titania...). Outro exemplo máis cercano no tempo é o de Rolindes Baño, que embarcou coma mariñeira baitndo o peito nas ondas, e abrindo camiños de mar».
«Non nos esquenzamos das miles de anónimas que contribuíron a construír a sociedade co seu esforzo. As mestras das escolas, mineiras da Silvarosa, as do Campo agro-gandeiro, as do mundo do mar (peixeiras e conserveiras), as mulleres do téxtil (do liño, la ou coiro), as emigrantes de ultramar, as da gastronomía (panadeiras,pasteleiras e cociñeiras). E un longa corda de mesteres. Na actualidade coñecemos tamén veciñas de éxito nas súas áreas, que loitan e traballan por facer un mundo máis libre, igual e mellor», concluye apuntando finalmente Antonio Lage-Seara.