«Este luns recupero a miña vida, xa son unha persoa anónima máis»

José Francisco Alonso Quelle
j. alonso RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Esta es la imagen con la que se queda Fernando Suárez de sus 20 años con responsabilidad de gobierno en Ribadeo: la lucha, al final exitosa, del pueblo, para conseguir la residencia de mayores
Esta es la imagen con la que se queda Fernando Suárez de sus 20 años con responsabilidad de gobierno en Ribadeo: la lucha, al final exitosa, del pueblo, para conseguir la residencia de mayores XAIME RAMALLAL

Fernando Suárez, exalcalde de Ribadeo: «Se teño que elixir unha sola cousa dos vinte anos de responsabilidade de goberno quedo coa residencia nova, foi o maior éxito do pobo»

19 jun 2023 . Actualizado a las 19:48 h.

Un último café, una última entrevista antes de pasar página. «Logo xa non. Hoxe remato a miña vida pública», me advierte por wasap. Es viernes. Quedamos en O Regueiro, un bar con solera en la avenida de Galicia ribadense, y allí acude Fernando Suárez, entonces aún alcalde de Ribadeo. Hoy lunes ya está en el que será, de momento, su puesto de trabajo, al que vuelve dos décadas después como funcionario en el Ayuntamiento de Vegadeo. Fernando Suárez asiste a ese café pero a las primeras palabras de cambio ya deja claro que lo suyo no va a ser un ajuste de cuentas. Para nada. Pasa de puntillas sobre sus polémicas con la dirección del BNG, sobre el precio que pagó por ser un verso más o menos libre. Cuesta sacudirse el traje de político y más en un político mediático como era Fernando Suárez. Se explaya en cada respuesta. Sin embargo, para mi sorpresa, no titubea cuando le pido una foto, un recuerdo, cuando le digo que elija con qué se queda de los 24 años que deja atrás (cuatro en la oposición y 20 en el gobierno, 16 como alcalde): el logro de la residencia de mayores, la unión de un pueblo demandando un servicio público que, contra viento y marea, acabó con final feliz

La decisión

Comienzo con la pregunta del millón: ¿por qué renunció a presentarse a la reelección? «Polos motivos que dixen. Foron moitos anos e como persoa nova que me considero, acabo de cumprir 50 anos, non estou canso do traballo, pero considerei que xa estaba ben. Non foi unha arroutada. Decidino cando saímos da pandemia. Estou moi orgulloso de como o xestionamos. Todo o mundo o fixo o mellor que puido, pero unha vez superado aquel drama decidín que sería o último mandato. Foi unha decisión meditada durante tempo e comunicada con antelación dabondo. Intentei, no mundo que eu controlaba, que era Ribadeo, e cos meus compañeiros, que houbera una transición ordenada. Logo non saíu así, lamentablemente, o resultado electoral foi outro, que obedece a máis causas».

Pero a nadie escapan sus desavenencias con la dirección del BNG: «A relación é correcta». Insisto: ¿hasta qué punto influyó en su decisión de dejarlo? «Esas son cousas que teñen transcendencia para min, pero non considero que a teñan pública. Deséxolles o mellor alí onde se presenten e non gardo ningún rancor».

«Eu fun alcalde de Ribadeo, non pretendín nunca ir máis aló do concello», aclara Suárez. Lo que es evidente es que en Ribadeo se ha dado un cambio de ciclo: «Non sei se vai haber goberno do PP para moito tempo. O pobo é quen ordena. O que sei é que vivín na oposición e no goberno e o cambio é radical. Vano notar. Os primeiros días coincide verán, festas, os vermús nas parroquias, o Indiano... Pero xa verán como a herba medra todos os meses, que os contenedores cheiran no verán, que as promesas ás veces non se poden cumprir, nin dicir a todo que si porque acaba xerando conflito...».

¿Cómo le va a cambiar la vida a Fernando Suárez? «O luns recupero a miña vida. Son unha persoa anónima máis. Na Veiga farei o meu traballo o mellor posible. Pedireilles uns días de comprensión porque fai 20 anos que non estou alí. Traballei 8 anos, aprobei a praza moi noviño, con 22 anos, estiven ata os 30 e despois os seguintes 20 estiven en Ribadeo». 

Vacaciones

«Levo 20 anos, podo confesalo, nos que o máximo que collín ao ano foron 15 días de vacacións. Agora tocaranme máis. Non sei se vou gañar calidade de vida. Non era infeliz como alcalde. É un traballo de 24 horas, de estar sempre co teléfono aceso, pero gustábame», añade.

«Vou para a Veiga. Iso non quita que nunhos meses non me encontre cómodo e decida probar outras cousas, pero alleas á vida política» ¿Cómo?: «Dende que dixen que non volvía escoitei todo tipo de cousas, xente que me dicía que ía para unha empresa, á Deputación, á Xunta, a Europa... pero non hai nada. Vou para a Veiga e o fago encantado. Son unha persoa cumpridora, suxeito á palabra dada, pero iso si, a partir de agora son unha persoa anónima e como tal libre de facer o que me pete».

Haciendo memoria de su gestión, me sorprende por su nitidez: «Estou particularmente orgulloso da residencia nova. Foi un modelo de libro, unha experiencia vital, de mil persoas que reivindicaban unha cousa, collemos esa bandeira, esa reivindicación e convertémola en realidade. Conseguímolo. Contra vento e marea, contra unha oposición furibunda do PP e con incomprensións tamén da formación política na que eu militei. Pero superamos todo. Que máis se pode dicir?»

«Coa porta da Illa Pancha aguantei paus de todos lados; agora voume rir vendo o que pasa»

«Os que entran agora de novo pensan que o alcalde é como cando era Pancho Maseda, que o que dicía ía a misa. Pero o que manda o alcalde agora é pouco. Quen manda é a interventora, o secretario e as leis. Senón, igual estás en Mondoñedo nun tris cunha acusación de prevaricación. Hai que ser moi prudente. Coa porta de Illa Pancha aguantei paus de todos lados, pero ao final triunfou a razón e o dereito. Agora voume rir vendo o que pasa», señala Fernando Suárez

Y concluye zanjando un hipotético regreso a la política en el futuro: «Quero recuperar a miña vida privada. Se hai algo que me fai irme con bo sabor de boca é que os que me querían quérenme igual; os que non me querían, penso que me respectan, e pode haber alguén que me odie e o manifeste.. é posible, pero maioritariamente teño o cariño e respecto da maior parte da poboación».