Pensamento e Sementeira impartirá aulas de baile «foliadeiro» en Galdo, Viveiro

A MARIÑA

Haberá dous grupos e as sesións serán ofrecidas polo profesor Miguel Abad
05 oct 2024 . Actualizado a las 13:22 h.O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, que iniciou nova etapa hai uns meses, programa para este outono aulas de baile «foliadeiro». Serán impartidas polo profesor Miguel Abad e comezarán o próximo mércores, 9 de outubro, no colexio vello de Galdo. Haberá dous grupos. O primeiro, ás 19.30 horas, será de iniciación, dirixido a xente «que non sabe nada». O segundo, ás 20.30 horas, tamén será de iniciación pero «para quen xa sabe algo». O custo das aulas será de 15 euros ó mes para as persoas que son socias, e de 20 euros ó mes para as que non o son. Desde Sementeria animan a asociarse.
Pode realizarse a inscrición no correo electrónico: colectivosementeira@gmail.com. Hai que indicar o nome, o teléfono de contacto e o grupo. As prazas serán asignadas por orde de inscrición, e os asistentes recibirán un correo coa confirmación.