Citas e actos polo Samaín en Cervo

M.C. CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

cedida

As Escolas Vellas acollen este xoves 31 o espectáculo de Rilo & Penadique

01 nov 2024 . Actualizado a las 15:01 h.

O Concello anuncia varias actividades co gallo do Samaín. Este 31 de outubro, nas Escolas Vellas de Cervo, será o turno de «Historias con Susto para Durmir a gusto», de Rilo & Penadique. Será ás 19 horas e organiza Airiños do Xunco.

 Este venres, 1 de novembro, chegará «En Samaín toca... maxia!» á Casa do Mar de San Cibrao (19 horas); o 2 de novembro haberá a representación de «Don Gelati» na mesma Casa do Mar (19 horas) e o 3 será a quenda de «Chafallas, a vendedora de fume» no salón de actos da Casa do Concello (12.30 horas).

O día 4 terá lugar un obradoiro de cómic, dirixido a nenos e nenas, na Casa do Mar ás 12 horas. Está pensado para crianzas de 6 a 12 anos. Desde o Concello lembran que para participar nesta actividade haise que anotar previamente por whatsapp no 683 31 59 39.