Pensamento e Sementeira organizará este sábado, día 2, un magosto na Casa do Forno en Celeiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >En imaxe de arquivo, clase de baile galego que ofreceu o pasado verán Pensamento e Sementeira no Conservatorio de Viveiro</span>
En imaxe de arquivo, clase de baile galego que ofreceu o pasado verán Pensamento e Sementeira no Conservatorio de Viveiro PENSAMENTO E SEMENTEIRA

Ademais de castañas, haberá obradoiros, música e sorteos

01 nov 2024 . Actualizado a las 11:59 h.

O colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro organizará este sábado, 2 de novembro, un magosto na Casa do Forno de Celeiro. O reparto de castañas asadas dará comezo ás 20.30 horas e levaráse a cabo ata fin de existencias. Previamente, ás 17.00 horas haberá un obradoiro inclusivo de baile tradicional que ofrecerá Cris Canosa para Aspanane. Ás 17.30 horas, organizarase un obradoiro de elaboración de colares de zonchos dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 15 euros. Será de balde. 

De 18.30 a 20.00 horas haberá un obradoiro de iniciación ó baile tradicional impartido tamén por Cris Canosa. O custo será de 12 euros para as persoas socias e de 15 para as non socias. 

Tralo reparto de castañas, as actuacións musicais comezarán ás nove da noite a cargo de Amigos do Folk, de Viveiro, e Fol do Raxal, de Cervo. De 23.15 a 00.30 haberá unha foliada libre.