Galicia rende unha sentida homenaxe ao artista Xosé Vizoso

La Voz

A MARIÑA

PACO RODRÍGUEZ

Inaugurouse unha exposición de súa obra na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura do Gaiás; acompañárono representantes de Cervo e Mondoñedo

31 ene 2025 . Actualizado a las 19:03 h.

Galicia rende unha sentida e merecida homenaxe ao artista gráfico Xosé Vizoso. Inaugurouse unha exposición sobre a súa obra que se pode visitar na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, no Gaiás, ata o mes de maio. Ao mesmo tempo tamén se inaugurou unha exposición súa esta semana no Museo Provincial de Lugo.

Unhas mostras que fan un percorrido pola súa prolífica traxectoria. A alcaldesa de Cervo, Dolores Caramés, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, quixeron acompañar a Vizoso neste homenaxe; el, tan vinculado a Sargadelos-Cervo e a Mondoñedo. Foi moitos anos deseñador na fábrica de cerámica de Sargadelos con Isaac Díaz Pardo. É natural de Mondoñedo.