Elena Candia: «Mirade a situación sanitaria en Asturias, onde goberna o PSOE; non hai que facer demagoxia, hai un déficit importante de médicos»
A MARIÑA

«Luarca, de 6 médicos ten 3; Illano, unha semana sen médicos e Santirso dos 5 días, tivo médico 1 día», lembrou Candia aos socialistas
23 mar 2025 . Actualizado a las 18:46 h.O Partido Popular de Viveiro compartiu este domingo un encontro de confraternidade no restaurante Louzao, en Area, no que interviron a alcaldesa, Mariña Gueimunde; a presidenta do PP da provincia, Elena Candia, e o portavoz do Grupo Popular no Congreso, Miguel Tellado, e que contou coa participación de deputados en distintas cámaras parlamentarias coma o viveirense Jaime De Olano, senadores, alcaldes e portavoces da comarca.
Candia incidiu en que «o Partido Popular está gobernando en Viveiro agora porque gañou as eleccións limpamente e porque, cando ten que defender os intereses dun territorio, ten capacidade para negociar e chegar a acordos. E fíxoo de forma legal, transparente e honesta».
A dirixente popular destacou o traballo de Mariña Gueimunde, «unha muller valente, decidida, que coñece a administración e que quere a Viveiro”, e o seu equipo. Tamén tivo palabras para PSOE e BNG: “están acostumados a gobernar cando perden as eleccións, o que non entenden é que se pode gobernar cando se gañan as eleccións».
Elena Candia recoñeceu o apoio de todos, o traballo de «tódolos voceiros que fixeron posible chegar ata onde estamos hoxe e do anterio»r alcalde popular, César Aja, xa que os grandes servizos e infraestruturas de Viveiro levan o selo do noso proxecto”.
Mariña Gueimunde, pola súa banda, lembrou que «fai uns días asumimos con valentía e compromiso a responsabilidade de gobernar a nosa cidade despois de obter fai dous anos o apoio e confianza dos cidadáns. Coa chegada á alcaldía isto non acaba aquí, senón que comeza e todos temos que implicarnos neste camiño. Traballando xuntos alcanzaremos obxectivos maiores para que o cambio iniciado sexa tanxible».
A rexedora popular incidiu en que «a nosa prioridade sendo foi e sempre será o benestar dos viveirenses». Así, asegurou que «nestes primeiros días analizamos a situación real do Concello para responder con criterio, e non con falsas verdades, ás necesidades que plantexan tanto os veciños como asociacións, etc. Ante un panorama desolador, necesitaremos o apoio inversor que xa reclamei ás administracións, pero tamén o apoio de todos e todas»”.
Gueimunde tamén agradeceu o apoio recibido ata agora e recoñeceu «o traballo de todos os afiliados e simpatizantes que traballaron para que este proxecto fora posible” e de “todas as candidaturas populares que intentaron sacar á luz as falso goberno progresista do PSOE, en solitario ou co apoio do BNG, desmantelaron os servizos e mesmo o patrimonio do Concello».
Con respecto á sanidade, Elena Candia pediu «non facer demagoxia en relación coa situación sanitaria toda vez que a realidade é que hai un importante déficit de profesionais. Nunha comunidade xestionada polo Partido Socialista como é Asturias en Luarca hai 6 médicos e ten 3; Illano unha semana sen médicos e Santirso de 5 días tivo médico 1 día».
«Hai que mellorar indubidablemente, pero iso resólvese con medidas valentes no lugar onde hai que adoptalas”; pero PSOE e BNG “cando teñen que posicionarse nas cámaras, votan en contra das medidas que poden paliar o problema».
«De feito, nacionalistas e socialistas votaron repetidamente en contra de todas as medidas impulsadas polo Goberno galego para a cobertura de prazas vacantes de médicos, tanto nos centros de saúde como nos hospitais comarcais. Ata en dúas ocasións as forzas do malogrado bipartito se puxeron as leis que a Xunta promoveu no Parlamento galego para ofertar prazas máis atractivas desde o punto de vista laboral para os médicos, prazas en propiedade e por concurso de méritos. Unha fórmula que permitiu cubrir moitas vacantes, tanto no hospital de Burela como no centro de saúde de Viveiro», sinalou.
O portavoz do Partido Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinalou que, «se o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego queren demostrar un mínimo de coherencia, teñen unha oportunidade de ouro o vindeiro martes no pleno da Deputación de Lugo de apoiar a nosa proposta para buscar unha solución real ao problema da falta de médicos. Estes problemas pódense solucionar tomando medidas a nivel estatal permitindo, por exemplo, formar máis médicos».