
«Sería máis útil que avisaran cando estea aberta», ironiza Míriam Bermúdez
23 may 2025 . Actualizado a las 09:52 h.A portavoz do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, denuncia que a Piscina Municipal de Viveiro leva pechada toda a semana «por motivos técnicos, sen que o Concello dea unha explicación clara. Sería máis útil que avisaran cando estea aberta», ironiza Bermúdez, «ante a numerosa cartelería que se pode observar na porta da piscina informando do seu peche».
A portavoz nacionalista sinala que «cando unha instalación falla un día, pode pasar, pero cando falla día tras día, o que falla é a xestión da alcaldía. Os socios e socias continúan pagando a súa cota mensual, mentres o servizo non funcionar con normalidade. Opacidade e falta de información que padecen os usuarios».
A portavoz do BNG pregunta á alcaldesa, Mariña Gueimunde, «se vai recortar tamén na piscina municipal?»”. Bermúdez insta ao goberno municipal a buscar unha solución definitiva: «A veciñanza merece servizos que funcionen, non escusas impresas» e pide revisar o modelo de xestión actual.«O BNG -din no seu comunicado- continúa así o seu labor de fiscalización dun executivo que segue sen dar resposta ás necesidades básicas da veciñanza cunha evidente falta de previsión».