O PSOE do Vicedo inaugurará este sábado, 31 de maio, a nova Casa do Pobo, na Travesía de Mariña

La Voz O VICEDO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >A nova Casa do Pobo do Vicedo está situada no local da antiga farmacia</span>
A nova Casa do Pobo do Vicedo está situada no local da antiga farmacia CEDIDA

O acto dará comezo ás 18.00 horas

29 may 2025 . Actualizado a las 13:49 h.

O PSdeG-PSOE do Vicedo convida a todos os veciños e veciñas a participar na inauguración da nova Casa do Pobo, que terá lugar este sábado, 31 de maio, ás 18.00 horas, no baixo do número 63 da Travesía da Mariña, no local da antiga farmacia. «Este novo espazo nace co obxectivo de ser un punto de encontro aberto á cidadanía, un lugar onde escoitar, compartir ideas e construír entre todas e todos un Vicedo mellor. A Casa do Pobo representa o compromiso coa participación, coa proximidade e coa política feita desde abaixo, desde a xente», destacan desde o grupo socialista.

«Move a traballar día a día»

Os socialistas vicedenses sinalan: «A veciñanza é o que nos move a traballar día a día, por iso queremos que este espazo sexa tamén a vosa casa, un lugar onde contar, propoñer e sumar». Ao finalizar o acto, haberá petiscos.

Logo das eleccións municipais celebradas a finais de maio do 2023, a corporación do Vicedo conta no actual mandato con tres concelleiros do PSdeG-PSOE: Verónica Canoura Paz, Lucía Prieto Fraga e Fernando Pigueiras López.