Un Día da Patria cheo de música na comarca da Mariña

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo
Concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo CEDIDA

26 jul 2025 . Actualizado a las 14:21 h.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo foi unha das formacións que puxo música ao Día da Patria na comarca da Mariña. No seu caso, é a terceira actuación que tivo lugar neste mes de xullo, despois do Ribadeo Indiano e o Festival de Bandas. Baixo a dirección de David Ballester Martínez, numeroso público se achegou ao Campo de San Francisco o venres 25 para escoitar temas como Lela, outra peza de Tchaikovsky con arranxos de Mark Williams, Solamente una vez de Agustín Lara, Panxoliño dos irmáns Groba e o Himno Galego.

Fol do Raxal, no día de Santiago Apóstol en Sargadelos
Fol do Raxal, no día de Santiago Apóstol en Sargadelos

 Outra das citas sonoras da xornada especial en Galicia tivo lugar na romaxe de Sargadelos, en Cervo, honrando a Santiago Apóstol, na que actuaron grupos coma o cervense Fol do Raxal.