Terceiro volume de «Memoria de Mariñáns», de Martín Fernández

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Martín Fernández no 2017 co embaixador de Arxentina entón no Ribadeo Indiano</span>
Martín Fernández no 2017 co embaixador de Arxentina entón no Ribadeo Indiano PEPA LOSADA

O autor presentará o novo libro con historias de emigrantes en diferentes localidades da comarca ó longo do mes de agosto

01 ago 2025 . Actualizado a las 13:03 h.

A editorial compostelá Teófilo Edicións acaba de sacar á rúa o terceiro volume de «Memoria de Mariñáns», unha serie de crónicas e reportaxes elaboradas polo xornalista e escritor Martín Fernández Vizoso (Cangas de Foz, Foz, 1952) sobre emigrantes de A Mariña de Lugo, publicados con anterioridade na edición da Mariña de La Voz de Galicia. O libro é, segundo Teófilo Edicións, «un viaje a través del tiempo y la historia de A Mariña, tierra de emigrantes cuya huella aún resuena en Galicia y en el mundo, y un testimonio vibrante que fusiona rigor histórico y narrativa ágil para mantener vivo el recuerdo de aquellos que hicieron de la emigración un acto de identidad y de transformación».

<span lang= gl >Detalle da portada do terceiro volume de «Memoria de mariñáns»</span>
Detalle da portada do terceiro volume de «Memoria de mariñáns»

Este terceiro volume de Memoria de Mariñáns, que será presentado ao longo do mes de agosto en diversas localidades de A Mariña, recolle historias de 75 emigrantes da comarca: 23 de Mondoñedo, 20 de Ribadeo, 13 de Foz, 9 de O Valadouro, 3 de Lourenzá e Barreiros e 2 de Trabada e A Pontenova. Do mesmo xeito, a publicación terá continuidade cun cuarto volume que se publicará no vindeiro Nadal e que relata a vida e obra de 55 emigrantes naturais dos municipios de Viveiro, Burela, Cervo, O Vicedo, Xove e Ourol.

Prólogo de María Xosé Porteiro

A autora do prólogo deste terceiro volume, a escritora, xornalista e feminista María Xosé Porteiro, destaca que o libro conta as «historias de personajes muy diversos: masones, conservadores, ilustrados, iletrados, rufianes y filántropos», entre outros. Destaca que o autor «hace del periodismo servicio y transparencia al revisar la crónica histórica desde la perspectiva de nuestros días», e subliña que «el día en que desde las altas instancias se tome en serio la importancia de conocer de dónde venimos y en qué medida ello nos hace ser cómo somos y cómo podríamos llegar a ser, Martín Fernández Vizoso será objeto de consulta y referencia inequívoca para futuras unidades didácticas, tesis doctorales o cualquier fórmula posible de análisis histórico como pueblo».