O acordeón de Vadim Yukhnevich e o mundo dos Crebinsky crearon outra «tarde máxica» no Teatro das Cortes, no Vicedo

Lucía Rey
Lucía Rey O VICEDO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >A ilustradora e creadora de banda deseñada burelense Ana Moreiras, xunto co actor Miguel de Lira e o músico Vadim Yukhnevich, no Teatro das Cortes</span>
A ilustradora e creadora de banda deseñada burelense Ana Moreiras, xunto co actor Miguel de Lira e o músico Vadim Yukhnevich, no Teatro das Cortes CEDIDA

Numeroso público asistiu á xornada organizada pola asociación Volta e Dálle

29 ago 2025 . Actualizado a las 10:18 h.

A música de acordeón e a voz do músico bielorruso Vadim Yukhnevich interpretando o emblemático O carro, de Fuxan os ventos, contribuíron a crear outra «tarde máxica» no Teatro das Cortes, situado no lugar de Xestoso, parroquia de Cabanas, O Vicedo. A asociación Volta e Dálle, promotora da iniciativa, organizou unha «Tarde Crebinsky» sobre a película Crebinsky, protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, e que foi rodada no 2010 en diferentes puntos de Galicia. De feito, ata o Teatro das Cortes se desprazou De Lira, que falou sobre a cinta xunto co director da mesma, Enrique Otero, e a axudante de dirección Sandra Montes.

<span lang= gl >O público encheou na «Tarde Crebinsky» un espazo que en tempos foi unha corte para dez vacas e que o actor Pepe Penabade reconvertiu en centro de dinamización social e cultural</span>
O público encheou na «Tarde Crebinsky» un espazo que en tempos foi unha corte para dez vacas e que o actor Pepe Penabade reconvertiu en centro de dinamización social e cultural

Numeroso público participou activamente nunha xornada na que tamén tomou parte a ilustradora e creadora de banda deseñada burelense Ana Moreiras, que amosou unha mostra das súas pinturas feitas sobre crebas, é dicir, obxectos que as mareas depositan na ribeira, atopadas na Costa da Morte. Autora de varios cómics, presentou o seu último libro, A Pausa.

<span lang= gl >O director Enrique Otero e a axudante de dirección Sandra Montes co actor Miguel de Lira</span>
O director Enrique Otero e a axudante de dirección Sandra Montes co actor Miguel de Lira

Despois do coloquio sobre a película, que acadou varios premios Mestre Mateo e foi premiada en festivais cinematográficos de Málaga ou Oaxaca, México, o músico Vadim Yukhnevich ofreceu un animado concerto. Colaborou a Vicepresidencia da Deputación, ademais da RTA e a Bodeguilla de San Lázaro.