Pensamento e Sementeira cancela a limpeza da praia de Covas, en Viveiro, prevista para o domingo polo mal tempo

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O colectivo tomou a decisión para garantir a seguridade das persoas participantes

18 oct 2025 . Actualizado a las 19:37 h.

O Colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro cancelou este sábado a actividade prevista para o domingo, 19 de outubro, na que se ía sumar á Limpeza Simultánea de Praias organizada por Adega en toda Galicia. O areal escollido era a praia de Covas. «Debido á previsión meteorolóxica adversa e á entrada dunha forte borrasca, vémonos na obriga de cancelar a actividade [...] Sentimos fondamente ter que tomar esta decisión, pois tiñamos moita ilusión por colaborar neste iniciativa de coidado do noso litoral. Porén, consideramos prioritario garantir a seguridade e o benestar de todas as persoas participantes. Agradecemos a vosa comprensión e o voso compromiso, e esperamos poder retomar a actividade nunha nova data cando as condicións meteorolóxicas o permitan», inda o colectivo nun comunicado.