Emotivo encuentro en el Louzao de ex alumnos del colegio Pedrosa Latas de Celeiro que cumplen 60 años
A MARIÑA
Recordaron a un compañero, José Ramón Pino, «Cachón», fallecido recientemente
17 nov 2025 . Actualizado a las 17:22 h.El pasado fin de semana se celebró en el restaurante Louzao de Area un emotivo reencuentro de antiguos alumnos y alumnas del Colegio Pedrosa Latas de Celeiro, que cumplieron 60 años de edad, «como se suele decir da quinta do 65, pertencentes ás promocións que cursaron estudos a finais dos anos 60, durante a década dos 70 e comezos dos 80».
«A xuntanza, organizada con motivo de que este grupo de compañeiros acaba de cumprir 60 anos de idade, reuniu finalmente a 27 participantes. A pesar de que algúns antigos estudantes non puideron asistir por diferentes motivos, o ambiente foi marcadamente entrañable e festivo. Para moitos, foi unha oportunidade única para recuperar amizades, compartir lembranzas da infancia e da adolescencia, e recordar a importancia que aquela etapa educativa tivo nas súas vidas. Un dos momentos máis significativos da xornada foi a homenaxe ao compañeiro José Ramón Pino Pérez, coñecido como “Cachón”, falecido hai xa catro anos. En sinal de recordo e respecto, unha representación do grupo achegouse ao cemiterio para depositar un ramo de flores», explican.
Señalan que «este encontro dos 60 anos adquiriu un valor especial, consolidándose como unha celebración única e moi agardada. A comida de confraternidade estendeuse durante varias horas, nas que non faltaron fotografías antigas, anécdotas, risas e emocións. Moitos dos asistentes expresaron o seu desexo de repetir a experiencia no futuro e de manter o vínculo que se formou na súa etapa escolar».