O viveirense Oliver Insua, gañador de Recantos de Luar, lanza o tema «Galicia», «homenaxe profundo e sentido á terra»

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Oliver Insua Piñeiro destaca que o novo tema é unha homenaxe ás súas raíces</span>
Oliver Insua Piñeiro destaca que o novo tema é unha homenaxe ás súas raíces CEDIDA

A composición foi creada xunto co arreglista e compositor Pedro Moya

24 dic 2025 . Actualizado a las 09:58 h.

Coincidindo coa chegada do Nadal, o cantante viveirense Oliver Insua Piñeiro acaba de lanzar o tema Galicia. «Unha homenaxe profunda e sentida a Galicia, á súa maxia, a súa alma e a esa forza que só entende quen respirou o seu mar», afirma. O tema mestura «emoción, raíces e orgullo». «Unha viaxe musical polas paisaxes que nos viron medrar: a bruma da mañá, o Atlántico ruxindo, as rúas de pedra e a esencia dunha terra que late en cada nota», detalla. Oliver Insua compuxo Galicia xunto co arreglista e compositor Pedro Moya, de orixe venezolano pero moi arraigado na comunidade, e o produtor Julio Arias. Da masterización ocupouse Javier Meza, e da edición Álvaro Méndez.

Insua, gañou no 2023 o concurso Recantos, do programa televisivo Luar, da TVG, representando á Mariña, e traballou nalgunhas das orquestras con máis prestixio de Galicia, como a Finisterre. Actualmente desenvolve a súa carreira en solitario, ademais de formar parte do dúo Eichevaii! Galicia pódese escoitar xa en plataformas dixitais