O campo das Valgas, en Barreiros, quedouse pequeno nun gran Festival do Emigrante

La Voz

BARREIROS

O encontro folclórico internacional de San Miguel de Reinante volveu ser un éxito de público

04 ago 2025 . Actualizado a las 19:01 h.

O XLII Festival Folclórico Internacional do Emigrante volveu congregar a unha multitude en Barreiros. O encontro musical, que se celebrou o pasado sábado, contou coa agrupación Santa Ana de La Laguna de Tenerife, o rancho folclórico de Lavradeiras de Vila Franca de Viana do Castelo e mailo grupo organizador, O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, que conta coa colaboración do Concello e da Vicepresidencia da Deputación. O campo de fútbol das Valgas estivo repleto durante esta cita intercultural.