Burela convoca o Musicarte, o orixinal certame de videoclips musicais aberto a todos

La Voz BURELA/LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Poderán participar escolas de música, IES de toda Galicia e adultos non profesionais

09 mar 2022 . Actualizado a las 13:05 h.

En Burela tivo lugar a presentación da segunda edición de Musicarte, o Certame de Vídeoclips Musicais, que organiza a Concellería de Cultura.

Poderán participar, ademais de escolas de música, IES de toda Galicia e adultos non profesionais. O mellor en cada unha destas tres categorías obterá un premio de 400 euros.

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 20 de xuño. No acto de presentación do Musicarte participaron o alcalde, Alfredo Llano; o concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga.

O edil burelés, José Díaz, anunciou que «vimos de presentar Musicarte 2 coa presenza de Estíbaliz Veiga, que será a presidenta do xurado un ano máis. A novidade respecto ao ano pasado e que, ademais de haber un premio ao mellor vídeoclip para escolas de música, vai haber outro para IES de Galicia e tamén outro para persoas galegas que non sexan profesionais da música e que poden mandar o seu vídeoclip. As bases van estar colgadas na páxina web do Concello a partir deste venres e os premios serán de 400 euros en cada unha das categorías».

Pola súa banda, a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga, declarou que «Musicarte é unha iniciativa moi atractiva para todos os xoves que se queiran presentar, pero non só para eles, tamén para os adultos non profesionais porque este ano hai un novo apartado que tamén valorará este tipo de vídeoclips».