O BNG organiza este luns en Burela un acto público contra a violencia machista

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

Olalla Rodil, nunha intervención no Parlamento
Olalla Rodil, nunha intervención no Parlamento Sandra Alonso

Terá lugar na sala multiusos da Casa da Cultura

24 nov 2025 . Actualizado a las 12:23 h.

O BNG convocou para este luns 24 de novembro en Burela un acto aberto a todo o público baixo o título «25N: Contra a violencia machista, máis servizos públicos. Máis femininismo». Será ás 19.00 horas na sala multiusos da Casa da Cultura.

Está prevista a intervención da deputada no Parlamento Olalla Rodil, da vicerresponsable comarcal do BNG, Iria Cotelo, e da concelleira de Igualdade e Servizos Sociais de Burela, Sandra Fernández Cillero.