Cita en Foz coa tradutora Rocío Viéitez

M.C. FOZ / LA VOZ

FOZ

Foto de arquivo dun coloquio-presentación na libraría Bahía
Foto de arquivo dun coloquio-presentación na libraría Bahía CEDIDA

A libraría Bahía acolle este mércores 3 un coloquio aberto a todo o público

02 jul 2024 . Actualizado a las 09:42 h.

A libraría Bahía de Foz acollerá este mércores, día 3 de xullo, un acto no que a tradutora Rocío Viéitez falará sobre a novela da autora palestina Suzan Albahawa, «O azul entre o ceo e a auga», que ela traduciu, e tamén sobre a colección Candemaia, da editorial Laiovento.

Nesta está publicada esta novela e tamén se traducen ao galego obras de autoras de tradicións literarias con pouca presenza na lingua galega.

O coloquio deste mércores forma parte das actividades do clube de lectura A carón dos libros e está aberto a todo o público.