Alumnos de Ponteceso e Mondoñedo na celebración dos 117 anos da estrea do «Himno de Galicia» ante o panteón de Pascual Veiga

y. g. MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

CEDIDA

Acudiron ao acto, entre outros, o secretario xeral da Lingua, Valentín García

20 dic 2024 . Actualizado a las 17:03 h.

A Fundación Eduardo Pondal, con sede no Couto, en Ponteceso, xunto con alumnos do CEIP Eduardo Pondal e As Forcadas (Corme), así como Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo conmemoraron este xoves o Día do Himno de Galicia ante o panteón de Pascual Veiga no Cemiterio Vello da cidade episcopal. A razón principal foi a celebración dos 117 anos que pasaron dende que a peza se estreara no Teatro Tacón de La Habana. Foi o 20 de decembro de 1907.

O alumnado cantouna arropados musicalmente por un cuarteto da Escola Municipal de Música mindoniense O Pallarego. Entre os asistentes estaban o secretario xeral da Lingua, Valentín García, o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, a edila de Cultura de Ponteceso, Raquel Fondo, o seu homólogo mindoniense, Alberto García, o presidente da fundación pondaliana, Xosé María Varela, e a directora do colexio mariñán, Teresa Freire.  Valentín García faloulles aos rapaces «da importancia para Galicia do seu himno, como un dos símbolos de identidade, xunto coa lingua e a bandeira», así como do «papel de Mondoñedo como un dos corazóns culturais de Galicia».