
O voceiro do Bloque, Eduardo Chao, destaca que o concello era un referente coa celebración do «Mes gandeiro» en febreiro
12 feb 2025 . Actualizado a las 19:47 h.O voceiro do BNG no Valadouro, Eduardo Chao, critica que o PP elimine as feiras de gando autóctono recuperadas polo seu grupo mentres estivo no goberno local. «Nos últimos anos, O Valadouro foi un referente no sector agrogandeiro para A Mariña e a provincia coa celebración do “Mes gandeiro” en febreiro, cando tiñan lugar a Feira de Razas Autóctonas, que no 2024 ía pola V edición», afirma, e pon en valor as charlas técnicas para profesionais, así como as feiras organizadas. Critica que os populares «destrúan» o que, din, eles construíron «man a man cos gandeiros».